top of page

ven., 28 de out.

|

MIHL Museo, Lugo

TRANSFIXIÓN// FRAN MARTINEZ

Transfixión é un solo de danza que busca seguir afondando en modos de destripar o coreográfico a través da escritura/mapa/coordenada: ¿ata onde se pode desvelar o misterio dunha coreografía?

Registration is closed
See other events
TRANSFIXIÓN// FRAN MARTINEZ
TRANSFIXIÓN// FRAN MARTINEZ

Onde e cando

28 de out. de 2022, 20:00

MIHL Museo, Lugo, Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo, España

Acerca

En TRANSFIXIÓN desenvólvense unha serie de tarefas e faceres que buscan o salto dun dentro

cara un fóra e dun fóra cara un dentro: saltar do facer ao non facer, do posuír ao desposuír, do

entrar ao sair, do encher ao baleirar… Dous extremos que non son máis que provocacións,

interrogantes das propias tarefas (¿Como deixar de facer? ¿Como se posúe un corpo? ¿Cómo

desposuílo? ¿Cando está cheo e cando baleiro?...) É no tránsito dun lugar ao outro onde

acontece a danza e o corpo é revelado: facendo, pensando, estando. Unha vez que estas

tarefas aparecen, sentimos a necesidade de profundar. Resoan as palabras de San Juan de la

Cruz, presentes na peza: “Entremos más adentro en la espesura”.

A proposta é compartir estas tarefas, o contexto e o imaxinario de TRANSFIXIÓN para ir máis

dentro. E de aí dentro, saltar cara outros lugares. Habitar esa espesura, esa trama, o

dispositivo coreográfico que permita a cada participante poñer corpo a estas tarefas e

desbordalas en dirección aos seus desexos. Desparramarse a través destas accións –

provocacións.

Comparte

bottom of page