top of page

ven., 03 de set.

|

Lugo

TECHNOCRACIA / Funboa escénica

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional. Expande a experiencia escénica, incluíndo ó público como parte escencial da peza.

Tickets Are Not on Sale
See other events
TECHNOCRACIA / Funboa escénica
TECHNOCRACIA / Funboa escénica

Onde e cando

03 de set. de 2021, 21:30

Lugo, Praza de Santa María, 27001 Lugo, España

Acerca

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ó incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar o noso calor interno, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

FUNBOA ESCÉNICA é unha compañía galega de artes vivas contemporáneas fundada no 2011 por Cristina Balboa e Paulina Funes. A identidade da Cía. pasa polos procesos vitais que viven as intérpretes que colaboran en cada producción. Son pezas de creación colectiva onde se desenvolven diferentes procesos de escritura e composición escénica, sempre dende a identidade, o contexto e a necesidade de infiltrarse en calquera linguaxe artística. Actualmente está dirixida por Cristina Balboa que colabora en Technocracia co artista interdisciplinar Félix Fernández, o creador de artes vivas Manuel Parra e o artista plástico Mauro Trastoy.

www.manulago.com/funboa-escenica

Dirección: Cristina Balboa, Autoría e interpretación: Cristina Balboa, Félix Fernández, Diseño espacio escénico: Mauro Trastoy, Espacio audiovisual: Félix Fernández, Música original: Cristina Balboa, Félix Fernández, Manuel Parra, Producción: Manu Lago, Diseño gráfico: Félix Fernández e Mauro Trastoy, Produce: Funboa

Axuda en producción: Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia, Colabora: Galicia Danza Contemporánea

Comparte

bottom of page