top of page

ven., 19 de mar.

|

Auditorio Municipal Gustavo Freire

NON HAI QUE SER UNHA CASA PARA TER PANTASMAS// Pálido Domingo

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixos fundamentais: o Aikido (arte marcial xaponés) e a danza contemporánea.

Registration is Closed
See other events
NON HAI QUE SER UNHA CASA PARA TER PANTASMAS// Pálido Domingo

Onde e cando

20:00, 19 de mar. de 2021

Auditorio Municipal Gustavo Freire, Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n, 27003 Lugo, España

Acerca

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixos fundamentais: o  Aikido (arte marcial xaponés) e a danza contemporánea, complementados con outras técnicas corporais como o teatro físico e a danza  Butoh, esta  úlima tamén de orixe xaponesa.Como levar desde unha  fisicalidad occidental, algúns preceptos físicos orientais sendo conscientes desta diferenciación cultural e investigando como facela propia. Cada unha destas disciplinas deixa a súa pegada na peza, sempre ao servizo do que esta creación necesita para devolver á vida as nosas pantasmas durmidas.

Pálido Domingo son Fran Martínez, Belén Bouzas e Diego M. Buceta , compañía de artes do corpo que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de entrenamiento físico ligadas ao Aikido, á danza contemporánea e ao teatro físico.

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é o seu primeiro traballo como compañía, estreado no Teatro Ensalle de Vigo en 2017 e recoñecido co 1º Premio Xuventude Crea 2017, o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018 e o 2º Premio no Certame DanzaXtrema 2019. Este traballo mostrouse en  diferentes espazos e festivais tanto nacionais como internacionais, tales como festival Logos (Cerdeña), festival Corpo[a]Terra (Ourense), Circuíto Bucles (Valencia), Teatro Pradillo (Madrid), ou Teatro Colón (A Coruña).

www.palidodomingo.com

Duración da obra: 50m

Tipo de público/recomendación de idades. +14

Creación: Pálido.domingo

Interpretación: Belén Bouzas,  Diego M. Buceta, Fran Martínez

Iluminación: Laura Iturralde

MERCAR ENTRADAS

Comparte

bottom of page