ven., 30 de abr.
|Lugo
EMIGRANTAS / Cia Kirenia Martinez
E_migrantas" é unha danza sobre a última diáspora galega interpretada por Esther Latorre e David Loira que vivencian a experiencia persoal e colectiva da emigración e o retorno da última diáspora.

Onde e cando
20:00, 30 de abr. de 2021
Lugo, Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n, 27003 Lugo, España
Acerca
"E_migrantas" é unha danza sobre a última diáspora galega interpretada por Esther Latorre e David Loira que vivencian a experiencia persoal e colectiva da emigración e o retorno da última diáspora. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables.Un grupo de mulleres creamos “Emigrantas”, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, poemas, vivencias, intuicións e posibilidades... elementos cos que tecimos un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega. O motor das “Emigrantas“ é pensar a última vaga migratoria en complicidade con comunidades galegas no exterior e comunidades migrantas na Galicia interior para participar unha peza que nos leve a pensar xuntas o presente do fenómeno migratorio.
Kirenia Danza é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz, quén codirixe tamén a Cía. Entremáns desde 2006.
En 2019 a compañía debutou con “E-migrantas”, estreada en Londres, Madrid e Compostela. Esta primeira peza é unha coprodución do Centro Coreográfico Galego (CCG). Para esta ocasión conta na escea cos bailaríns David Loira e Esther Latorre e un equipo creativo formado por colaboradores como a escritora e bailarina Branca Novoneyra, o deseñador gráfico Niko Alvarellos, BabyKatze e Bruno Baw na composición musical e o vestiario é unha creación do deseñador de moda Jandro Vila.
Neste mesmo 2019 a Cía. Kirenia Danza foi tamén apoiada cunha Axuda de Creación Escénica AGADIC para a secuela e segunda entrega da triloxía destas E-migrantas: “Os coidados/Primeiro a vida”, peza recén estreada na que participa o mesmo equipo creativo coa incorporación do actor Xoel Ávarez.
Neste 2021 a compañía desenvolve unha residencia no Courel e está a crear unha nova peza, "Tres tristes 2.0", tamén coproducida polo do Centro Coreográfico Galego (CCG), en colaboración co coréografo sueco Miguel Azcue e que ten previda a súa estrea en Malmoe, Suecia para este verán.