ven., 29 de out.
|Lugo
EM.NA / Colectivo Glovo
"Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia. Armonía é ritmo. Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ao seu arredor."

Onde e cando
20:30, 29 de out. de 2021
Lugo, Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo, España
Acerca
"Somos vibración.
Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento.
A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia.
Armonía é ritmo.
Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ao seu arredor."
Esther Latorre
Galega de nacemento, completa a súa carreira especializándose e granduándose en danza contemporánea no Conservatorio Profesional de danza de Lugo, formando parte da que sería a primera promoción de profesionais de danza contemporánea de Galicia, diplomándose tamén en Maxisterio de Educación Física na mesma cidade.
Dende entón, traballou con compañías como Jove Companyia de Danza Gerard Collins (Valencia), Moudansa (Valencia), Companhia de Dança do Norte (Portugal), compañía Maduixa Teatre (galardoada có Premio Max ao Mellor Espectáculo de Rúa por “Mulïer”; Premi Moritz Millor Estrena de Carrer 2016; Premio Umore Azoka 2017 (País Vasco) e Premio Artes Escénicas Valencianas del IVC en 2018) ou na coproducción do Centro Coreográfico Galego “E_Migrantas” baixo a dirección de Kirenia Martínez.
Foi tamén merecedora do primeiro premio no Certame coreográfico Delmar (Valencia) coa peza “Aliquam” (coreografía e interpretación propias) e gañadora do Premio a Mellor Intérprete de Danza Contemporánea no 11º Certame de danza Gerard Collins.
Desde 2016 é codirectora do Colectivo Glovo.
Hugo Pereira
Natural de Porto, comeza a súa formación no Conservatorio de danza de Aveiro, onde graduara-se no 2015. Recibe diversas formacións en danza con mestres como Akram Khan Dance Company, Sagi Gross (GrossDanceCompany, NEDERLANDS), Shirley Esseboom (NEDERLANDS), Víctor Hugo Pontes (Nome Proprio, PORTUGAL), Bruno Alexandre (PORTUGAL), Carmela García (Otradanza, ESPAÑA), Julia Weh (ALEMANIA), Romulus Neagu (PORTUGAL)...
Formou parte da Companhia de Dança do Norte na produción de 2015-2016 “Barulhos Nossos” e participou en diversos festivais nacionais e internacionais de creación. Actualmente está centrado na codirección de Colectivo Glovo, participando en festivais nacionais e internacionais.
Cabe destacar a súa colaboración coa firma de moda Adolfo Domínguez (Premio Nacional de Moda 2019).