top of page

sáb., 07 de mar.

|

Museo MIHL

Beatriz del Monte//Colectivo Glovo// Cia Exire (Alba Cotelo)

3 pezas cortas. Xóvenes Creadores

Registration is Closed
See other events
 Beatriz del Monte//Colectivo Glovo// Cia Exire (Alba Cotelo)

Onde e cando

20:30, 07 de mar. de 2020 – 21:50, 15 de mar. de 2020

Museo MIHL, Av Infanta Elena, s/n, Lugo

Acerca

Tres pezas cortas de Xovenes creadores, conforman a programación de Marzo, que terá lugar, esta vez, no MIHL.

A entrada é gratuita e o aforo é limitado, polo que deberás reservar a túa entrada chamando ó  010. Pódense reservar dúas entradas por persoa.

UN HUEVO Y CUATRO SARDINAS // BEATRIZ DEL MONTE

“Busco entre lixos doutro tempo, do meu tempo, do seu tempo, seres buscando o seu testo; pistolas que disparan. Fotografías, vestídevos de flores, bos días. Chegou a carta e… Pon o moño  apretao que veñen ventos…” Nun espazo próximo, cheo de obxectos bañados de recordos, a través de movemento e texto, A  Kika rexorde para ser memoria de todas aquelas mulleres que, fortes e soas, afrontaron a guerra e posguerra española.

Beatriz del Monte é creadora de escenas, intérprete e profesora no campo da danza. Natural de Madrid traballa na procura dunha linguaxe propia dentro da escena. Licenciada en Coreografía da Danza Contemporánea polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila.

Fórmase en diversas ramas da danza, entre elas danza española, con todo dedicará gran parte da súa formación  preprofesional ás danzas urbanas, participando en competicións a nivel nacional, tanto en grupo como batallas individuais, sendo bolseira en 2016 por  Community Danza. En 2013 inicia os seus estudos de danza contemporánea ao cursar primeiro en Artes Visuais e Danza na Universidade Rey Juan Carlos I de Madrid en convenio co Instituto Superior de Danza Alicia Alonso de Cuba. En 2016  cofunda  Microclima Colectivo Artístico, xunto a Cristina Meca, co fin de crear espazos  transdisciplinares que cren unha rede de artistas e faciliten o achegamento da arte a todas as persoas. Colabora co espazo Musical  Impro como profesora na formación de danza para actores, lugar que lle permite beber do teatro e continuar a súa procura como intérprete e creadora de escena. O proxecto Estancias  Coreográficas 2018, no que participa como coreógrafa emerxente, impúlsaa para desenvolver o seu traballo en Asturias.

Actualmente continúa nesa procura do acto escénico completo, o que se materializa en pezas en formato de só como “Malditas  Lagartijas”, “Lingua de gato, non é chocolate”, “Entraña  Limonera”, “Un ovo, catro sardiñas”, presentado Espazo  DT e Espazo Escénico O Horto, pertencentes á Rede de Teatros Alternativos; e “ Gatx  Pacx”, trío estreado en Lles Naves (Xixón). Participa con estes traballos en diversos Festivais en ámbito nacional: Brotes (Asturias),  Gatadans (Madrid) , Cartografía en  Movemento (Galicia),  Tudanzas (Barcelona), Actúa Madrid,  Feminarte (Madrid).

Como intérprete traballou con :  Meraki  Cía,  Cía.  Mey- Ling  Bisogno, Vitoria  P.Miranda,  Danni  Pannullo, Sharon  Fridman,  Cía.  Mymadder, Ballet de Cámara de Madrid e Ballet Flamenco de Cáceres. Foi concursante do programa “Fama, A bailar! De Movistar+. Tamén traballa en Zarzuelas, sendo a última “O dúo da africana”para o Teatro Campoamor (Oviedo), dirixida por Joan Font ( Comediants).

ON// CIA EXIRE 

De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de caricias e enerxía vital.

A forza enerxética que comeza cun só dedo vai acendendo os interruptores de cada parte do meu corpo. Esta enerxía trasládase e toma forma, adquirindo movementos propios que, de forma inevitábel, proceden da miña experiencia vital e artística. Así, convírtome no propio movemento, ondulante, mecedor, tenso, lento, relaxado, rápido...

Ese principio, esa faísca é a que acende toda vida, o xerme vital. Unha semente, un embrión... Con todo, cando ese embrión xa é adulto, precisa de constantes sacudidas enerxéticas en forma de motivacións, xestos, sensacións que activan e acenden as luces do corpo.

Que forma ten? Todas.

Conecta co teu inicio, coa túa orixe, cos teus antepasados. Conecta tamén coa terra, que inevitablemente é a orixe de todo canto existe neste mundo.

“ON”: Enerxía en estado de transformación, fiel á súa esencia, á que lle dá sentido.

Dende a vida, os dedos tráenme recordos para que os asimile. O meu corpo enteiro dálles a benvida.

“ON” é unha peza de Danza Contemporánea/Experimental prevista para unha soa bailarina. En canto á calidade de movemento podemos ver contraste de enerxías e atisbos dunha calidade ondulante e tensa propia do Poppin´ (Danza Urbana), sempre cunha base sólida de Danza Contemporánea. O certo é que “ON” é unha peza curta que fala a nivel de movemento de todas as miñas experiencias artísticas. É o resultado dun proceso de investigación na miña linguaxe de movemento.

Alba F. Cotelo é bailarina, profesora e coreógrafa de Danza Urbana e Contemporánea.  Licenciada en Filoloxía Inglesa.  Formada no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña, posteriormente especialízase en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando  Martén, Ana Beatriz Pérez,  Kirenia Martínez e Alexis Fernández. Completa a súa formación na Academia de Danza e Teatro  Artestudio e na Asociación Cultural  Manicómicos, entre outras, cursando teatro, técnicas de circo, bailes latinos e acrobacias  aereas.  Formada en Danza Urbana en diferentes centros e convencións nacionais e internacionais, en España e Londres. Titulada como Profesora de Danzas Urbanas pola  Urban Dance Factory de Barcelona ( Hip hop School, Irene Pallarés).  Segue en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional. Forma parte da  compañia Exire xunto a  Estefi Gómez

EM.NA // COLECTIVO GLOVO

"Somos vibración.

Todo é vibración, e todo é  impermanente, pois todo está en constante movemento.

A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita harmonía para crear eficiencia.

Harmonía é ritmo.

Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas á súa ao redor."

Eshter Latorre é natural de Lugo, traballou con compañías como Jove  Companyia de  Dansa  Gerard Collins (Valencia),  Moudansa (Valencia),  Companhia de  Dança non Norte (Portugal)… ou a compañía  Maduixa  Teatre, da cal forma parte actualmente e xunto á cal foi galardoada recentemente co Premio Max ao Mellor Espectáculo de Rúa por “ Mulïer”.

En 2016 forma o colectivo  GLOVO, xunto ao bailarín Hugo Pereira, creando a peza “MAPA”, premiada no festival de sós e dúos  SÓLODOS EN DANZA 2016.

Hugo Pereira é Natural de O Porto, comeza a súa formación no Conservatorio de danza de Aveiro, onde posteriormente se  graduará en 2015. Recibe diversas formacións en danza contemporánea con mestres como:  Akram  Khan Dance  Company,  Sagi  Gross ( GrossDanceCompany,  NEDERLANDS),  Shirley  Esseboom ( NEDERLANDS), Víctor Hugo Pontes ( Nome  Proprio, PORTUGAL), Bruno Alexandre (PORTUGAL), Carmela García ( Otradanza,  ESPANHA), Julia  Weh ( ALEMANHA),   Romulus  Neagu (PORTUGAL)...

Comparte

bottom of page