top of page

ven., 14 de maio

|

Auditorio Municipal Gustavo Freire

BAILAR AGORA / Marta Alonso Tejada

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

Registration is Closed
See other events
BAILAR AGORA / Marta Alonso Tejada
BAILAR AGORA / Marta Alonso Tejada

Onde e cando

14 de maio de 2021, 20:00

Auditorio Municipal Gustavo Freire, Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n, 27003 Lugo, España

Acerca

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

Marta Alonso Tejada Bailarina, actriz, creadora, directora artística, xestora cultural e docente.

Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. www.traspediante.com Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. www.corpoaterra.com A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva.   A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo.

A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena. BAILAR AGORA (Outubro, 2020), é unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia.

Comparte

bottom of page