ven., 17 de feb.
|Lugo
3 PEZAS CORTAS
Nesta ocasión, o programa está conformado por 3 pezas cortas de 3 compañias diferentes. Colectivo Glovo (GA) , Cía. Exire (GA) e Cia. Júlia Godino i Alexa Moya (CA)

Onde e cando
20:30, 17 de feb.
Lugo, Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n, 27003 Lugo, España
Acerca
Sinopses:
XENÉRICA da Cía. Colectivo Glovo – Galiza é un solo que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres da miña vida, que son xenéricas para a vida de todas. É unha homenaxe ás nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron insaciablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas. creada por Colectivo Glovo e interpretada por Esther Latorre.
FUGACES da Cía. Exire – Galiza é unha peza de danza para rúa, espazos efímeros e non convencionais levada a cabo por Estefanía Gómez, acompañada pola voz e música en directo da artista galega Xa`Lum.
PICNIC ON THE MOON da Cia. Júlia Godino i Alexa Moya - Catalunya é un “tableau vivant” de dous individuos no Sur de Francia pasando a tarde nun parque, gozando dun pícnic baixo o sol e da suave brisa que acariña os seus cabelos. Que pasaría se de súpeto repararan en que o sol, en realidade, é unha lámpada e de que esa agradable brisa provén dun ventilador?
Picnic on the Moon naceu dunha imaxe, puramente como punto de partida. Como se movería esta imaxe? Quen a move? É real? A peza explora o contraste entre unha realidade aparentemente perfecta cun interior deserto. Un espazo no que a liña divisoria entre realidade e falsidade difumínase.
ENTRADAS