top of page

De dentro A fora

(ex)periencias (ex)pandidas

Cada un dos artistas que veña a participar no ciclo, abrirá os seus procesos de traballo a diversas comunidades e novos públicos que compartiran de primeira man cos artistas invitados unha práctica aberta. 

Buscamos cómplices do LED para traballar neste sentido; Conservatorio de Danza,  IES coa materia de artes escénicas, a comunidade universitaria, cidadania en xeral.

 

Así seguindo o traballo iniciado no teatro Rosalia froito dun proceso participativo de diferentes persoas vinculadas á danza e as artes do movemento no ano 2014 en Galicia, tomamos prestados os catro pilares básicos sobre os que se fundamenta unha programación expandida 


 

  • A apertura das claves da obra do artista convidado coas distintas comunidades locais, por medio do deseño específico de accións que relacionen ao artista e a cidadanía máis aló da presentación no teatro.

  • As colaboracións cos distintos espazos e comunidades desta cidade de forma plural, diversa e inclusiva.

  • A responsabilidade de xerar elementos que contextualicen de xeito adecuado a todos e cada un dos artistas convidados.

  • O empeño por visibilizar de forma rigorosa, específica e cidadá as experiencias que nos brinda este programa.





 

Para este traballo expandido, tomamos como marco teorico o documento colaborativo resultante do  Mov-s Galicia: un espazo para o pensamento e a acción colectiva arredor das artes vivas que se organiza de forma itinerante por iberoamérica e que na edición 2014/2015 ten unha primeira parada en Galicia onde se abordan dous temas prioritarios hoxe nas artes vivas no mundo: programacións expandidas e o papel dos museos en relación ás artes vivas

Expandidas 2021
Marcos Lopez sobre Gran Bolero de Jesús Rubio
WhatsApp Image 2021-05-31 at 12.58.49.jp

Ao principio era o espazo

Ningún Verbo daría danzado

Sen el, ningunha onda, a primeira

Ningunha onda redonda, un vagalume

No porto de Buenos Aires,

Coma unha emoción que pasa de mao en mao

O espazo non está baleiro

O baleiro non ten caos, nin memoria

Non podería estar roto

Conformar un hexámetro, escribir un nocturno

Coa elegancia febril da tuberculose porque as emocións Non gobernan o tempo. As medusas as teipas

Poden moverse se algo nelas é distinto da auga

bottom of page