
VINDEIRAS CITAS
textos
Sinopsis de Ser o no ser (un cuerpo)
Santiago Alba Rico. Seix Barral
Que é LeD
LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento.
Nesta segunda edición, haberá un total de nove propostas escénicas de febreiro a outubro, cunha selección principalmente de produción galega. Dende a Area de Cultura do Concello de Lugo quérese apostar polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.
Queremos ser inclusivas á hora de seleccionar ás artistas, co fin de ofrecer opcións diversas, ampliando así o acceso dos lucenses ao dereito á cultura no campo da danza contemporánea e as artes do movemento.
O proxecto complétase coa programación expandida, diversas iniciativas de mediación coa idea de establecer pontes e vías de comunicación con diferentes comunidades dentro e fóra do auditorio.
Debido ós cambios permentes polas restriccións do Covid iremos configurando o programa expandido para cada actuación. En breve teredes mías información sobre as actividades que andamos artellando.
Programación 2022
